23/2/12

Tal día coma hoxe naceu...

Rosalía de Castro de Murguía naceu en Santiago de Compostela un 24 de febreiro de 1837 foi  unha das meirandes escritoras galegas.
Rosalía escribeu en prosa e en verso, empregando o galego e o castelán. Dúas das súas grandes obras son:






Adiós, ríos; adios, fontes;                                                                    
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!

GRIMM

A esquerda Wilhelm Grimm
Un 24 de febreiro de 1786 naceu WILHELM KARL GRIMM un dos irmáns Grimm que se dedicaron a recopilar contos de tradición oral que se coñecen popularmente como "Cuentos de hadas de los hermanos Grimm"
Contos como os seguintes:

Brancaneves


Tamén "O gato con botas", "Hänsel e Gretel", " La Bella Durmiente", "Juan sin miedo",...

16/2/12

Gustavo Adolfo Bécquer

Retrato de Bécquer pintado por seu irmán    
Valeriano Bécquer

O 17 de febreiro de 1836 naceu en Sevilla o escritor Gustavo Adolfo Domínguez Bastida, coñecido como Gustavo Adolfo Bécquer. O apelido Bécquer adoptouno dos seus antepasados unha familia de comerciantes flamencos que se estableceron en Andalucía no século XVI
A súa obra máis coñecida é "Rimas y Leyendas". Aquí podedes ler unha das súas rimas.


¿Qué es poesía?, dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú.
Bécquer tamén tiña madeira de debuxante chegou a colaborar co seu irmán Valeriano nalgunhas obras.
Debuxo firmado por Bécquer





8/2/12

Julio Verne

Un 8 de febreiro de 1828 naceu o escritor francés Jules Gabriel Verne.  Escritor de novelas de aventuras foi considerado coma o pai da ciencia ficción.
Julio Verne
As súas obras foron levadas ao cine, fixeronse series de televisión e películas de debuxos animados. Algunhas delas son: Viaje al centro de la Tierra, De la Tierra a la Luna, La vuelta al mundo en 80 días, 20.000 leguas de viaje submarino, Miguel Strogoff, Cinco semanas en globo, La isla misteriosa,...


6/2/12

CHARLES DICKENS

 
Un 7 de febreiro de 1812 naceu o escritor inglés Charles John Huffam Dickens do que seguro todos recoñeceredes a súa obra "Cuento de Navidadad"  polo seu mítico personaxe Ebenezer Scrooge. Obra da que se fixeron moitas películas tanto en debuxos animados coma rn accións reais e con diferentes adaptacións por distintos directores.

OBRAS LITERARIAS